Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Compromisos a asumir

Compromisos a asumir

  • Facilitar os medios para garantir a participación da cidadanía no obradoiro.
  • Garantir un espazo axeitado para o desenvolvemento do obradoiro 1, proporcionando un lugar adecuado para instalar os módulos interactivos e os paneis, cumprindo unhas condicións mínimas en canto a dimensións 2, limpeza e acondicionamento. O lugar debe estar libre de obstáculos. Debería estar, preferiblemente, na planta baixa do edificio e en caso de estar situado en sotos ou andares, estar provisto de elevador.
  • Os módulos interactivos deben permanecer independentes ao resto da exposición3 e manterse debidamente custodiados cando non estean expostos ao público, mediante peche da sala para evitar o acceso, no seu caso.
  • As roturas, accións vandálicas e/ou furtos que se puideran producir, tanto en horario de apertura, como de peche, recaerán sobre a entidade solicitante.
  • Facilitar elementos loxísticos básicos.
  • Colaborar en manter unha estratexia de reforzo, dirixida aos participantes.
  • Manter un contacto directo e fluído co coordinador e educadoras do obradoiro.
  • Difundir previamente o evento.
  • Promover e garantir a participación da cidadanía no obradoiro.
  • Elaborar unha listaxe de participantes a cada obradoiro.
  • Difundir os produtos xerados nos obradoiros de adultos e nos infantís.
  • Establecer e manter unha estratexia de reforzo, dirixida aos participantes, consistente en achegarlles información relacionada sobre a loita fronte ao Cambio Climático (cursos, axudas, o rexistro de cidadáns colaboradores fronte ao Cambio Climático…).
  • Comunicar de inmediato calquera incidencia que se poda producir.

(1) O espazo asignado ao obradoiro debe posuír as seguintes características para un desenvolvemento axeitado, salvagardando as premisas didácticas do mesmo:

  • Espazo flexible en canto a mobiliario. O espazo debe de permitir situar ao grupo na posición de semicírculo ubicado cada un na súa cadeira (sen mesas) para poder configurar as diferentes dinámicas de traballo. As cadeiras non poderán estar fixas ao chan. Serán necesarias 2-3 mesas.
  • O espazo debe permitir ubicar os módulos no mesmo lugar onde se desenvolve o obradoiro, na medida en que forman parte del.
  • Unha pizarra veleda ou encerado onde facer anotacións.
  • Pantalla e proxector para unha presentación power point e un audiovisual. O ordenador o proporciona o equipo de educadores.
  • Para o obradoiro infantil, o equipo de educadores adaptará a metodoloxía de traballo aos espazos existentes na mesma instalación.

(2) Dimensións: O equipo de módulos interactivos consiste en:

  • Un módulo de 180x60x60cm (altoxanchoxfondo) sobre eficiencia na iluminación
  • Tres módulos independentes que se colocan xuntos ocupando aproximadamente 180x180x60cm (altoxanchoxfondo) sobre o consumo oculto e consumo en espera que consta de: ordenador, televisor, TDT, vídeo e equipo de música
  • A exposición-mural “vila sostible” mide 150x300cm.
  • Os 19 paneis sobre o cambio climático son de 150x220cm cada un.
  • Deberase contar ademais con enchufes e cun carril con focos ou elemento similar (por exemplo, unha barra fluorescente) na sala onde se exporán os 20 paneis (19 máis "vila sostible").

(3) Os módulos interactivos forman parte do desenvolvemento do obradoiro e unicamente poderán ser utilizados polo público asistente ao mesmo, por iso deben permanecer aillados do resto da exposición e estar debidamente custodiados cando non sexa necesaria a súa utilización.

Documento/s relacionados
  • Descarga documento de información para Concellos Descargar  (134 KB )