Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Galicia e o cambio climático

É a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia o órgano competente sobre as cuestións relativas ao cambio climático na Comunidade Autónoma de Galicia, encargándose, entre outras, das seguintes funcións:

  • Xestión do sistema de observación e predición meteorolóxica de Galicia, a súa difusión e os estudos climáticos derivados.
  • Actuacións relacionadas co cumprimento do Protocolo de Kioto e coa xestión da aplicación do réxime de dereitos de emisión de gases de efecto invernadoiro.
  • Seguimento e elaboración de inventarios de emisión de gases de efecto invernadoiro.
  • Análise, seguimento e elaboración de medidas de actuación fronte ao cambio climático.
  • Actuacións en materia de formación e educación sobre o cambio climático.

As emisións de Galicia encóntranse inventariadas no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) para o período 1990-2014.

En España, as emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI) experimentaron un crecemento desde o ano 1990 ata o ano 2007 no que se alcanza o máximo valor da serie, superándose nun 53,9% as emisións de 1990. A partir do 2007, as emisións comezan a diminuír ata chegar, no  2014, a estar un 15,0% por riba do ano 1990, o que representa o valor mais baixo desde 1997.

No caso de Galicia, a evolución das emisións GEI seguiu tamén unha tendencia crecente durante a década dos 90 e primeiros anos da década do 2000. A diferenza de España, o valor máximo da serie acádase no ano 2004, representando un 28,6% por riba do ano 1990. A partir deste punto, as emisións comezan a descender ata o 2010 no que se acada o valor mais baixo de toda a serie, un 6,9% por debaixo do ano 1990.

Na análise de emisións de gases de efecto invernadoiro para cada un dos sectores de actividade considerados, obsérvase que é, sen dúbida, o sector procesado de enerxía o principal emisor, moi por enriba dos valores dos demais.

O valor medio de emisións deste sector, representa en España un 75,6% do total de emisións e en Galicia, case o 80,6%. Nos últimos anos da serie, apréciase tanto en España como en Galicia, un pequeño descenso respecto deste valor medio.