Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Listado de condicións

  1. O Obradoiro SOStendo, xunto coa exposición, poderá ser solicitado por calquera Concello da Comunidade Autónoma de Galicia.
  2. A duración da exposición será de quince días e a do obradoiro de dúas horas.
  3. A celebración do obradoiro terá lugar no terceiro ou cuarto día da exposición, en horario non lectivo.
  4. O Concello poderá determinar catro datas preferentes de celebración da actuación.
  5. Corresponderá á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a determinación do calendario concreto en función do número de solicitantes.
  6. O solicitante coñecerá as datas finalmente asignadas a través dun calendario e ademais recibirá confirmación das mesmas.
  7. O Concello contactará co Servizo de Observación e Prospección Ambiental dúas semanas previas á celebración do obradoiro para especificar as condicións de execución do mesmo.
  8. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas resérvase o dereito de anular a cesión de SOStendo nas datas asignadas por causa xustificada.
  9. A cesión de SOStendo é gratuíta.
  10. Os gastos derivados do traslado da actuación serán por conta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  11. As datas e o horario de entrega e recollida de SOStendo serán fixadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
  12. O solicitante deberá inscribirse e enviar o formulario cumprimentado e asinado, á seguinte dirección:
    • Servizo de Observación e Prospección Ambiental
    • Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental
    • Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental
    • Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
    • Rúa Roma nº6. 15781, Santiago de Compostela
    • A Coruña
  13. A reserva terá lugar por rigoroso orden de chegada da solicitude á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, tendo prioridade aqueles conellos nos que non tivese lugar ningunha actuación de formación promovida por este Servizo.
  14. Unha vez confirmada a súa solicitude, o Concello solicitante deberá publicitar o obradoiro en lugares públicos co fin de chegar ao maior número de persoas posibles susceptibles de participar na actuación. Contactará co Servizo de Observación e Prospección Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas para a obtención do material publicitario.
  15. Previa celebración do obradoiro, o solicitante cubrirá un listado de participantes sendo o prazo máximo establecido para esta tarea un mes dende o envío da solicitude, salvo que a solicitude de datas recaia nese período, caso no que deberá presentar o listado unha semana antes á celebración do obradoiro, en caso contrario, a actuación será retirada.
  16. No momento da inscrición de cada un dos participantes, a persoa responsable do Concello deberá asegurar a firma, por parte do pai/nai/titor de cada un dos nenos/as participantes no obradoiro infantil, dunha autorización para a utilización dos produtos xerados no desenvolvemento do obradoiro. O Servizo de Observación e prospección Ambiental faráchegar a cada responsable o modelo de documento a firmar.
  17. Valorarase positivamente a colaboración da persoa coordinadora do concello de cara á concesión de futuras actuacións promovidas pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
  18. O Concello solicitante farase responsable de todos os materiais que compoñen a exposición durante o período de cesión, así como, daqueles necesarios para o desenvolvemento do obradoiro, mediante a firma, por parte do Alcalde, da sección “compromisos a asumir” do formulario de solicitude.
  19. O incumprimento de calquera das condición mencionadas, supón a anulación da actuación.
  20. O envío da solicitude supón a aceptación, tanto dos compromisos como do listado de condicións expostos.

 

Documento/s relacionados
  • Descarga documento de información para Concellos Descargar  (134 KB )