Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

|
|
|
Compartir

Obradoiro infantil

O obradoiro infantil está deseñado como unha actividade lúdico-formativa a desenvolver simultaneamente ao obradoiro de adultos en horario non lectivo, que permitirá traballar o tema de Cambio Climático dun xeito ameno e distendido.

As actividades deseñadas readaptaranse en función das idades dos asistentes. Entre as actividades a propoñer figura o deseño dun lema, unha mascota ou un debuxo que sirva para sensibilizar sobre o cambio climático.

O traballo desenvolvido polos rapaces e rapazas vincúlase co obradoiro de adultos, pois na fase final compartirase o traballo obtido en ambos obradoiros e, finalmente, formará parte dunha mostra que complementará as exposicións que acompañan os obradoiros.

Os lemas, debuxos ou mascotas xeradas polos nenos e nenas participantes, poderán ser empregados polos técnicos/as municipais como ferramenta de traballo de sensibilización e comunicación á cidadanía, a través de campañas, actividades complementarias e de difusión, nas que persoas da propia comunidade foron as que xeraron a mensaxe para o resto da cidadanía.

Deste xeito, entraríase nunha dinámica de reforzo ao estar dando novos usos aos productos obtidos dos obradoiros. O emprego destes productos en campañas do concello lles confire permanencia no tempo e unha maior dimensión e transcendencia ao traballo desenvolvido nos obradoiros.

  • Numero mínimo de asistentes: 10 nenos
  • Número máximo de participantes por grupo: 20 nenos