CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Obradoiro para adultos

Fundamentación

A idea base que fundamenta a SOStendo “Obradoiros fronte ao cambio climático” é a de fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático.

Obxectivos

  • Favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o Cambio Climático a través da información, autoconvencemento-sensiblización e o compromiso de cambio a través de pequenas accións.
  • Promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais que poidan derivar na mitigación do Cambio Climático no ámbito persoal.
  • Concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución: valorar a importancia e repercusións de todas aquelas actuacións que dende o ámbito doméstico, laboral , de ocio,... poden desenvolverse para mitigar os efectos do cambio climático.
  • Vivencializar dun xeito máis claro os efectos/consecuencias do cambio climático na cotidianeidade.
  • Sensibilizar aos participantes de que teñen un papel fundamental no efecto multiplicador da difusión das actitudes e valores abordados, no seu entorno máis próximo (familia, redes sociais, etc...).

Estrutura:

O obradoiro conta cos seguintes elementos:

Unha exposición, que inclúe:

  • Exposición-mural con consellos para actuar individualmente fronte ao Cambio Climático (Mural “Vila sostible”)
  • 19 paneis sobre o cambio climático
  • Un sistema interactivo-demostrativo de eficiencia na iluminación
  • Un sistema interactivo-demostrativo de consumos ocultos e en espera de aparatos electrónicos de uso común nunha vivenda

O propio Obradoiro fronte ao cambio climático que inclúe:

  • Unha presentación sobre o cambio climático (problemas, causas e consecuencias)
  • Traballos de reflexión e dinámicas de grupo
  • Debates e propostas de iniciativas
  • Un xogo interactivo-demostrativo
  • Un documental sobre o cambio climático.
  • Unha calculadora de emisións de gases de efecto invernadoiro
  • Posta en común.

O obradoiro consta de cinco fases no seu desenvolvemento:

Esquema das cinco fases de desenvolvemento do obradoiro Sostendo