Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Que é o cambio climático?

O fenómeno do cambio climático é un dos maiores retos ambientais aos que se enfronta na actualidade a nosa sociedade debido ás súas implicacións sociais, económicas e ambientais

O clima defínese coma a síntese das condicións meteorolóxicas dunha zona xeográfica durante un período de tempo dado. Aínda que a meteoroloxía varía continuamente, o clima é independente dos estados meteorolóxicos illados e, nun lugar determinado, permanece practicamente constante durante longos períodos de tempo.

Imaxe que mostra o mapa dos dominios climáticos de GaliciaImaxe que mostra a lenda do mapa dos dominios climáticos de Galicia

O Efecto Invernadoiro, proceso causado polos denominados Gases de Efecto Invernadoiro (GEI), é o responsable do fenómeno do Cambio Climático.

 

Imaxe que mostra o proceso do efecto invernadoiro

O fenómeno do cambio climático é un dos maiores retos ambientais aos que se enfronta na actualidade a nosa sociedade debido ás súas implicacións sociais, económicas e ambientais. Este reto é importante, non soamente pola intensidade dos impactos prognosticados en diferentes estudos, senón tamén pola extensión do fenómeno a escala planetaria, así como polas implicacións que previsiblemente terá nos modos de vida e métodos de produción.