CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Que é o efecto invernadoiro?

A superficie da Terra é quentada polo Sol. Pero esta non absorbe toda a enerxía senón que reflicte parte dela de volta cara á atmosfera.

Esquema gráfico do efecto invernadoiro. Paso 1

O vapor de auga, o dióxido de carbono (CO2) e o gas metano forman unha capa natural na atmosfera terrestre que retén parte da enerxía proveniente do Sol.

Esquema gráfico do efecto invernadoiro. Paso 2

Ao redor do 70% da enerxía solar que chega á superficie da Terra é devolta ao espacio. Pero parte da radiación infravermella é retida polos gases que producen o efecto invernadoiro e volta á superficie terrestre.

Esquema gráfico do efecto invernadoiro. Paso 3

Como resultado do efecto invernadoiro, a Terra mantense o suficientemente quente como para facer posible a vida sobre o planeta. De non existir o fenómeno, as fluctuacións climáticas serían intolerables para a existencia da vida.

Esquema gráfico do efecto invernadoiro. Paso 4

Actualmente, as actividades humanas, principalmente a combustión dos combustibles fósiles, á vez que se destrúen bosques máis rapidamente que se rexeran, provoca que se incremente o dióxido de carbono emitido á atmosfera e a súa concentración xunto coa doutros gases de efecto invernadoiro; o resultado é o coñecido efecto invernadoiro antropoxénico, que podería alterar o clima mundial nas vindeiras décadas.