Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Uso das características de accesibilidade nos principais navegadores

  • Uso das características de accesibilidade nos principais navegadores

O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido das facilidades que proporciona cada un deles.

Teclas de acceso rápido

O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápida definida realízase premendo distintas combinacións de teclas segundo o navegador:

  • Microsoft Internet Explorer
    Prema a combinación de teclas ALT tecla de acceso rápido, e a continuación Retorno (Enter).
  • Netscape e Firefox
    Prema só a combinación de teclas ALT tecla de acceso rápido.
  • Opera 7 e superior
    Prema a un tempo as teclas Shift (a empregada para escribir letras maiúsculas unha a unha) e Esc, sólteas e a continuación prema só a tecla de acceso rápido.
  • En Macintosh a tecla ALT substitúese pola tecla CTRL.

Tamaño dos textos

As páxinas da web da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.

Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador do xeito seguinte:

  • Microsoft Internet Explorer
    A través do menú Ver > Tamaño de texto.
  • Netscape e Firefox
    A través do menú Ver > Tamaño do texto ou empregando a combinación de teclas CTRL " " ou CTRL "-", segundo se queira aumentar ou diminuír o tamaño do texto, respectivamente. Premendo CTRL = restablécese o texto ao tamaño normal.
  • Opera 7 e superior
    A través do menú Ver > Escala ou empregando as teclas , - e * segundo se queira aumentar, diminuír ou restablecer o tamaño do texto.