Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Características da accesibilidade

  • Características da accesibilidade

Axudas á navegación
Para facilitar a navegación este sitio web dispón das seguintes axudas:

  • Acceso á páxina de inicio
    Premendo no logotipo da parte superior esquerda pódese acceder en calquera momento á páxina de inicio.
  • Uso de tecnoloxías de asistencia
    Inclúense características especialmente útiles para aquelas persoas que utilicen tecnoloxías de asistencia ou axuda á navegación:
    • Proporciónanse ligazóns para saltar os elementos de navegación, podendo acceder directamente ao contido da páxina.
    • Todas as páxinas están deseñadas para ser independentes do dispositivo de presentación, de xeito que se poidan usar mediante o teclado, o rato ou ambos os dous.
  • Ligazóns
    • Moitas ligazóns están descritas en detalle a través do atributo título, a non ser que o texto da ligazón describa completamente o seu destino (como o titular dunha nova).
    • Sempre que sexa posible, as ligazóns escríbense para que teñan sentido fóra de contexto e sexan útiles vistas nunha lista de ligazóns da páxina (moitos navegadores proporcionan este tipo de listas para axudar á navegación).
    • Todas as ligazóns pódense seguir sen problema, aínda que os scripts non estean activados.
    • As ligazóns non se abren en novas xanelas agás que se advirta o contrario.
  • Imaxes
    Todas as imaxes con contido inclúen un atributo alt cun texto descritivo. As imaxes con propósito decorativo inclúen atributos alt baleiros.
  • Deseño visual
    Empréganse follas de estilo (CSS) para controlar o aspecto visual do sitio web e mais para dispoñer o contido na superficie da xanela.
    • O tamaño dos textos especifícase empregando unidades relativas, de xeito que poidan ser agrandados ou reducidos polo navegador para acomodarse ás preferencias do usuario.
    • Os títulos das páxinas son significativos e proporcionan información acerca do contido das mesmas.
    • Trátase de acadar o maior contraste entre as cores de elementos de fondo e de primeiro plano, e de empregar cores que non presenten problemas para persoas con limitacións visuais (daltonismo).
    • Proporciónanse follas de estilo adicionais, axeitadas para a impresión da páxina en papel, nas que se eliminan elementos de navegación superfluos e se mantén tan só o contido relevante da páxina.
    • O contido do sitio web é accesible aínda que o navegador empregado non soporte follas de estilo.
    • As páxinas son conformes a estándares do W3C e empregan eses estándares correctamente.
    • En relación ao punto anterior, utilízase o marcado XHTML semanticamente máis correcto para cada elemento da páxina (encabezados, táboas, listas, etc.).