Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Vantaxes obtidas

  • Vantaxes da web accesible

Segundo a eiva ou discapacidade

Aquí as características están agrupadas en función das discapacidades que se poden beneficiar delas. Inclúense nesta sección as distintas limitacións que poden existir nos navegadores.

 

  • Cegueira e baixa visión
    • O idioma principal do contido e os cambios de idioma están especificados, de forma que un lector de pantalla pode pronunciar cada palabra correctamente.
    • Os títulos das páxinas son significativos e proporcionan información acerca do contido das mesmas.
    • O atributo título nas ligazóns proporciona información adicional acerca das mesmas.
    • As ligazóns para saltar ao contido facilitan a navegación con lectores de pantalla.
    • A definición de teclas de acceso rápido simplifica a navegación facilitando o acceso ás ligazóns máis comúns.
    • As ligazóns que abren novas xanelas advírteno claramente de xeito que o usuario se decate do que acontece.
    • As táboas acompáñanse sempre dun título e unha descrición breve que identifican o contido das mesmas, e organízanse mediante o uso de cabeceiras de xeito que un lector de pantalla poida asociar cada dato á súa cabeceira.
    • Todas as imaxes teñen un equivalente textual.
    • O tamaño das fontes especifícase en unidades relativas de xeito que todos os navegadores poden aumentar ou reducir o tamaño dos textos.
    • Ao utilizar o marcado XHTML semanticamente máis indicado para cada elemento da páxina, facilítase a interpretación da estrutura da páxina por parte das tecnoloxías de asistencia (como lectores de pantalla) de modo que poidan informar ao usuario da forma máis precisa posible.
  • Cegueira de cores
    • Procúrase o maior contraste entre as cores dos elementos de fondo e os de primeiro plano e úsanse estilos amplamente aceptados para os elementos máis comúns (subliñado nas ligazóns).
  • Discapacidades cognitivas
    • As ligazóns que abren novas xanelas advírteno claramente de xeito que o usuario se decate do que acontece.
    • Todas as abreviaturas ou siglas empregadas están definidas como mínimo a primeira vez que aparecen nunha páxina.
    • Non se empregan gráficos móbiles que poden impedir ou dificultar a lectura a persoas con discapacidades cognitivas.
  • Navegación sen imaxes
    • Todas as imaxes teñen un equivalente textual.
    • Navegación sen javascript
    • As ligazóns non dependen de programación, polo que a navegación é posible aínda que non estean activados os scripts.
  • Navegación sen rato
    • As teclas de acceso rápido simplifican o acceso ás ligazóns máis comúns.

Segundo o navegador

A continuación, para cada tipo de navegador amósase unha lista coas características de accesibilidade das que saca proveito. Ademais proporciónanse ligazóns aos navegadores máis utilizados.

  • Lectores de pantalla
    Os lectores de pantalla facilitan o acceso ao contido web a persoas con problemas relacionados coa visión, presentando o que se ve na pantalla mediante son (lendo os contidos da pantalla) ou mediante dispositivos Braille.
    • O idioma principal do contido e os cambios de idioma están especificados, de forma que o lector de pantalla pode pronunciar cada palabra correctamente.
    • O atributo título nas ligazóns proporciona información adicional acerca das mesmas que pode ser lida polo lector de pantalla.
    • As ligazóns para saltar ao contido axilizan o uso da páxina, permitindo deixar a un lado os elementos de navegación e pasar rapidamente ao contido.
    • A definición de teclas de acceso rápido simplifica a navegación facilitando o acceso ás ligazóns máis comúns.
    • As ligazóns que abren novas xanelas advírteno claramente de xeito que o usuario se decate.
    • As táboas acompáñanse sempre dun título e unha descrición que identifican o contido das mesmas, e organízanse mediante o uso de cabeceiras. Deste xeito o lector de pantalla pode asociar cada dato á súa cabeceira.
    • Todas as imaxes teñen un equivalente textual.
    • A estrutura das páxinas especifícase empregando elementos de encabezado. O programa permite lelos todos a modo de resumo da páxina ou ir saltando dun elemento ao seguinte sen necesidade de escoitar todo o texto intermedio, axilizando a navegación.
    • O uso do marcado XHTML adecuado para as listas de elementos facilita a comprensión das mesmas cando son lidas por programas. O mesmo sucede coas etiquetas descritivas nos campos dos formularios.
  • Navegadores de texto
    Os navegadores de texto permiten mostrar o contido das páxinas web en ordenadores que non soportan gráficos ou con conexións nas que o ancho de banda é limitado, prescindindo das imaxes e visualizando tan só os textos.
    • As ligazóns para saltar ao contido axilizan o uso da páxina, permitindo deixar a un lado os elementos de navegación e pasar rapidamente ao contido.
    • O atributo título nas ligazóns proporciona información adicional acerca das mesmas que algúns navegadores empregan para crear unha lista de ligazóns.
    • As táboas acompáñanse sempre dun título, que é destacado por algúns navegadores de texto.
    • Todas as imaxes teñen un equivalente textual de xeito que, mesmo se non poidan ser visualizadas, a navegabilidade da páxina e a información que aporta non se vexan afectadas.
    • As ligazóns non dependen dos scripts, polo que a navegación é posible aínda que os navegadores de texto non os soporten.
  • Navegadores tradicionais
    A maioría de vantaxes xa destacadas para os navegadores de texto son aplicables aos navegadores tradicionais cando están funcionando con algunhas características sen activar (imaxes, estilos, uso de scripts, etc.), xa que neses casos compórtanse de xeito similar aos navegadores de texto. Ademais, pódense engadir as seguintes vantaxes:
    • O tamaño das fontes especifícase en unidades relativas de xeito que todos os navegadores poden aumentar ou reducir o tamaño dos textos.
    • O atributo título nas ligazóns proporciona información adicional acerca das mesmas que algúns navegadores empregan para crear unha lista de ligazóns.
    • As táboas acompáñanse sempre dun título, que é mostrado polo navegador asociado á táboa.
    • A definición de teclas de acceso rápido simplifica a navegación facilitando o acceso ás ligazóns máis comúns.
    • O uso de etiquetas descritivas explicitamente asociadas con cada campo nos formularios facilita a interacción do usuario e mellora a usabilidade (a maioría de navegadores asocia a etiqueta ao campo concreto ao que fai referencia e permite premer na etiqueta para situar o cursor no campo asociado).

Segundo o principio de deseño

As distintas características da páxina institucional da Xunta de Galicia pódense clasificar en función dos principios establecidos polo W3C para que unha páxina sexa accesible. Os distintos principios es as características relacionadas lístanse a continuación:

  • Perceptible
    Débense presentar os contidos de tal forma que calquera os poida percibir.
    • O tamaño dos textos especifícase empregando unidades relativas, de xeito que poidan ser escalados polo navegador para acomodarse ás preferencias do usuario.
    • Trátase de acadar o maior contraste entre as cores de elementos de fondo e de primeiro plano, e de empregar cores que non presenten problemas para persoas con limitacións visuais (daltonismo).
    • As táboas acompáñanse sempre dun título e unha descrición breve que identifican o contido das mesmas, e organízanse mediante o uso de cabeceiras, facilitando a comprensión dos datos cando son lidos por programas de axuda á accesibilidade.
    • Todas as imaxes teñen un equivalente textual.
  • Usable
    Todos os usuarios teñen que poder usar os elementos da interface.
    • As ligazóns non dependen dos scripts, polo que a navegación é posible aínda que non estean activados.
    • As teclas de acceso rápido simplifican o acceso ás ligazóns máis comúns.
    • Todos os campos dos formularios están descritos explicitamente mediante etiquetas.
  • Navegable
    A navegación a través do sitio web ten que ser sinxela e estar orientada ou dirixida mediante axudas.
    • Proporciónanse ligazóns para saltar os elementos de navegación, podendo acceder directamente ao contido da páxina.
    • O atributo título nas ligazóns proporciona información adicional acerca das mesmas.
    • As ligazóns que abren novas xanelas advírteno claramente de xeito que o usuario se decate do que acontece.
    • Empréganse elementos de encabezado para reflectir a estrutura da páxina.
  • Comprensible
    Os contidos e controles teñen que ser comprendidos pola maioría das persoas.
    • O idioma principal do contido e os cambios de idioma están especificados.
    • Os títulos das páxinas son significativos e proporcionan información acerca do contido das mesmas.
    • Todas as abreviaturas ou siglas empregadas están definidas como mínimo a primeira vez que aparecen nunha páxina.
    • As táboas acompáñanse sempre dunha descrición acerca do seu contido.
  • Robusta
    As tecnoloxías empregadas deben garantir que o contido sexa correctamente presentado polos navegadores, tecnoloxías de asistencia e outros programas, tanto actuais como futuros.
    • As páxinas son conformes a estándares do W3C e empregan eses estándares correctamente. Garántese así que todos os navegadores existentes e os futuros poidan acceder correctamente aos contidos desta web.