A idea base que fundamenta a SOStendo “Obradoiros fronte ao cambio climático” é a de fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de medidas efectivas para loitar contra os efectos do cambio climático.
- Favorecer a implicación da cidadanía na loita contra o Cambio Climático a través da información, autoconvencemento-sensiblización e o compromiso de cambio a través de pequenas accións.
- Promover un cambio de actitudes, hábitos e comportamentos individuais que poidan derivar na mitigación do Cambio Climático no ámbito persoal.
- Concienciar aos participantes de que eles poden colaborar na solución: valorar a importancia e repercusións de todas aquelas actuacións que dende o ámbito doméstico, laboral , de ocio,... poden desenvolverse para mitigar os efectos do cambio climático.
- Vivencializar dun xeito máis claro os efectos/consecuencias do cambio climático na cotidianeidade.
- Sensibilizar aos participantes de que teñen un papel fundamental no efecto multiplicador da difusión das actitudes e valores abordados, no seu entorno máis próximo (familia, redes sociais, etc...).
O obradoiro conta cos seguintes elementos:
Unha exposición, que inclúe:
- Exposición-mural con consellos para actuar individualmente fronte ao Cambio Climático (Mural “Vila sostible”)
- 19 paneis sobre o cambio climático
- Un sistema interactivo-demostrativo de eficiencia na iluminación
- Un sistema interactivo-demostrativo de consumos ocultos e en espera de aparatos electrónicos de uso común nunha vivenda
O propio Obradoiro fronte ao cambio climático que inclúe:
- Unha presentación sobre o cambio climático (problemas, causas e consecuencias)
- Traballos de reflexión e dinámicas de grupo
- Debates e propostas de iniciativas
- Un xogo interactivo-demostrativo
- Un documental sobre o cambio climático.
- Unha calculadora de emisións de gases de efecto invernadoiro
- Posta en común.
O obradoiro consta de cinco fases no seu desenvolvemento:
